Si, xa sei, o curso 2015-16 comezou hai un trimestre e non demos sinais de
vida en todo este tempo. Hai dúas razóns que xustifican este abandono. Por un lado, como xa dixen,
este curso comecei con alumnos/as novos en 5º curso e coma sempre que comezo
cunha nova promoción, entre coñecelos, coñecerme e tratar de que se
familiaricen coas ferramentas necesarias e dispoñan duns mínimos coñecementos
para o tratamento de textos e de imaxes non houbo tempo para máis. Por outra parte, no
que se refire ás miñas aportacións, teño que dicir que me dediquei en exclusiva
a elaborar as programacións didácticas do curso, feito que merecería un
comentario á parte, e que aquí non procede. A ver se neste trimestre podemos regularizar
as aportacións ao blog. De momento vou tratar de resumir algunhas das saídas e
traballos desenvolvidos no anterior trimestre.
lunes, 15 de junio de 2015
DESPEDIDA DOS ALUMNOS E ALUMNAS DE 6ºA
Acabouse o curso e con el unha etapa para nós. Que curta parece agora! Sen embargo a maioría dos nenos e nenas da clase levamos aquí desde os tres anos. Cando viamos marchar aos compañeiros doutras promocións tiñamos ganas de que nos chegara a vez a nós, sen embargo agora xa non estamos tan convencidos. Os sentimentos que temos son contraditorios, por un lado queremos marchar para o Instituto para vernos xa maiores e por outro non queremos deixar este colexio porque aquí medramos, fixemos amigos, aprendemos moito e nel sentímonos seguros. A carta que redactou Noelia recolle o sentimento de todos nós e con ela despedímonos de todos. GRAZAS .
domingo, 14 de junio de 2015
O 14 de xaneiro deste ano fomos ao Parque Infantil de Tráfico, situado en Expourense, para traballar a educación viaria, como xa comentamos neste blog. Unha das actividades que fixemos foi andar en bicicleta por un circuito e dúas compañeiras da nosa clase, Noelia Carnero e Nerea Vidueiras, foron seleccionadas para participar no Concurso Provincial de Educación Viaria que tivo lugar tamén en Expourense o día ás 16:30 h. Noelia Carnero quedou semifinalista e recibiu de agasallo un trofeo en metacrilato, ademais dun diploma. Nerea Vidueiras recibiu un pen-drive e tamén un diploma. Todos os compañeiros queremos felicitalas e darlles a NORABOA. Aquí tedes inmortalizado o momento da entrega de premios.
| Momento da entrega de premio a Noelia Carnero |
| Noelia e Nerea cos seus diplomas e agasallos |
domingo, 7 de junio de 2015
ACRÓSTICOS E CALIGRAMAS
Estase confeccionando un novo número da REVISTA ESCOLAR e, entre outras aportacións, a nosa clase fixo estes acrósticos e caligramas.
sábado, 6 de junio de 2015
Non queremos rematar sen facer referencia á excursión que algúns de nós fixemos a Madrid, na ponte do 1º de maio, organizada pola ANPA do colexio. Non imos entrar en detalles aquí porque non queremos pórlles os dentes largos aos nosos compañeiros que non puideron ir. Na nosa clase só fomos seis. Non fai falta que digamos que o pasamos xenial, nunca esqueceremos esta excursión, e queremos desde aquí darlles as grazas aos organizadores e acompañantes da viaxe, pois sabemos que levaron moito traballo para que todo saíse ben. GRAZAS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


