Xa sen darnos tempo a
afacernos á nosa nova clase, o día 14 de setembro fixemos unha saída para asistir ao
concerto da Orquestra Xuvenil da EMMO (Escola Municipal de Música de Ourense),
concerto co que o Concello de Ourense
quixo inaugurar o curso 2015-16. Pasámolo
estupendamente porque os músicos fixérono moi ben e ademais participamos moito
levando o ritmo que nos indicaban.
martes, 5 de enero de 2016
Si, xa sei, o curso 2015-16 comezou hai un trimestre e non demos sinais de
vida en todo este tempo. Hai dúas razóns que xustifican este abandono. Por un lado, como xa dixen,
este curso comecei con alumnos/as novos en 5º curso e coma sempre que comezo
cunha nova promoción, entre coñecelos, coñecerme e tratar de que se
familiaricen coas ferramentas necesarias e dispoñan duns mínimos coñecementos
para o tratamento de textos e de imaxes non houbo tempo para máis. Por outra parte, no
que se refire ás miñas aportacións, teño que dicir que me dediquei en exclusiva
a elaborar as programacións didácticas do curso, feito que merecería un
comentario á parte, e que aquí non procede. A ver se neste trimestre podemos regularizar
as aportacións ao blog. De momento vou tratar de resumir algunhas das saídas e
traballos desenvolvidos no anterior trimestre.
lunes, 15 de junio de 2015
DESPEDIDA DOS ALUMNOS E ALUMNAS DE 6ºA
Acabouse o curso e con el unha etapa para nós. Que curta parece agora! Sen embargo a maioría dos nenos e nenas da clase levamos aquí desde os tres anos. Cando viamos marchar aos compañeiros doutras promocións tiñamos ganas de que nos chegara a vez a nós, sen embargo agora xa non estamos tan convencidos. Os sentimentos que temos son contraditorios, por un lado queremos marchar para o Instituto para vernos xa maiores e por outro non queremos deixar este colexio porque aquí medramos, fixemos amigos, aprendemos moito e nel sentímonos seguros. A carta que redactou Noelia recolle o sentimento de todos nós e con ela despedímonos de todos. GRAZAS .
domingo, 14 de junio de 2015
O 14 de xaneiro deste ano fomos ao Parque Infantil de Tráfico, situado en Expourense, para traballar a educación viaria, como xa comentamos neste blog. Unha das actividades que fixemos foi andar en bicicleta por un circuito e dúas compañeiras da nosa clase, Noelia Carnero e Nerea Vidueiras, foron seleccionadas para participar no Concurso Provincial de Educación Viaria que tivo lugar tamén en Expourense o día ás 16:30 h. Noelia Carnero quedou semifinalista e recibiu de agasallo un trofeo en metacrilato, ademais dun diploma. Nerea Vidueiras recibiu un pen-drive e tamén un diploma. Todos os compañeiros queremos felicitalas e darlles a NORABOA. Aquí tedes inmortalizado o momento da entrega de premios.
| Momento da entrega de premio a Noelia Carnero |
| Noelia e Nerea cos seus diplomas e agasallos |
domingo, 7 de junio de 2015
ACRÓSTICOS E CALIGRAMAS
Estase confeccionando un novo número da REVISTA ESCOLAR e, entre outras aportacións, a nosa clase fixo estes acrósticos e caligramas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



