martes, 5 de enero de 2016
ESPECTÁCULO DE DANZA CONTEMPORÁNEA
CHARLA: "SEGURIDADE EN INTERNET"
O 16 de outubro tivemos unha charla no centro sobre “Seguridade en Internet” impartida por persoal da Policía Nacional. Alí tivemos ocasión de aprender os coidados que tiñamos que ter ao navegar pola rede, e como agora imos utilizar moito Internet pareceunos moi necesaria.
CONCERTO DA ORQUESTRA XUVENIL DA EMMO
Xa sen darnos tempo a
afacernos á nosa nova clase, o día 14 de setembro fixemos unha saída para asistir ao
concerto da Orquestra Xuvenil da EMMO (Escola Municipal de Música de Ourense),
concerto co que o Concello de Ourense
quixo inaugurar o curso 2015-16. Pasámolo
estupendamente porque os músicos fixérono moi ben e ademais participamos moito
levando o ritmo que nos indicaban.
Si, xa sei, o curso 2015-16 comezou hai un trimestre e non demos sinais de
vida en todo este tempo. Hai dúas razóns que xustifican este abandono. Por un lado, como xa dixen,
este curso comecei con alumnos/as novos en 5º curso e coma sempre que comezo
cunha nova promoción, entre coñecelos, coñecerme e tratar de que se
familiaricen coas ferramentas necesarias e dispoñan duns mínimos coñecementos
para o tratamento de textos e de imaxes non houbo tempo para máis. Por outra parte, no
que se refire ás miñas aportacións, teño que dicir que me dediquei en exclusiva
a elaborar as programacións didácticas do curso, feito que merecería un
comentario á parte, e que aquí non procede. A ver se neste trimestre podemos regularizar
as aportacións ao blog. De momento vou tratar de resumir algunhas das saídas e
traballos desenvolvidos no anterior trimestre.
lunes, 15 de junio de 2015
DESPEDIDA DOS ALUMNOS E ALUMNAS DE 6ºA
Acabouse o curso e con el unha etapa para nós. Que curta parece agora! Sen embargo a maioría dos nenos e nenas da clase levamos aquí desde os tres anos. Cando viamos marchar aos compañeiros doutras promocións tiñamos ganas de que nos chegara a vez a nós, sen embargo agora xa non estamos tan convencidos. Os sentimentos que temos son contraditorios, por un lado queremos marchar para o Instituto para vernos xa maiores e por outro non queremos deixar este colexio porque aquí medramos, fixemos amigos, aprendemos moito e nel sentímonos seguros. A carta que redactou Noelia recolle o sentimento de todos nós e con ela despedímonos de todos. GRAZAS .
domingo, 14 de junio de 2015
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


