sábado, 9 de enero de 2016

miércoles, 6 de enero de 2016

XERMINACIÓN DUNHA SEMENTE DE FABA

Unha  das experiencias de ciencias naturais levada a cabo durante este trimestre consistiu en estudar o proceso de xerminación dunha faba. Observamos todos os pasos desde que as introducimos no medio dun algodón húmido dentro dun bote de cristal ata o día das vacacións. Noutro bote metemos, igualmente,  fabas, pero sen humedecer o algodón.  Cada dous ou tres  días comprobabamos que o algodón estivese húmido e mediamos  o que medraran as sementes e o que lle pasaba ás fabas do bote que non tiña auga Cando xa a planta de cada un  contaba con raíz suficiente plantámolas na terra en testos e agora seguen crecendo, tanto que xa houbo que pórlle guías. A  ver se chegan a darnos outra vez  fabiñas, se é que non nos morreron durante as vacacións!
O proceso recollémolo nunha ficha deseñada pola profe  e tamén en fotografías. Observade.


06/11/2015
10/11/2015
13/11/2015

15/11/2015
19/11/2015
 

                                                                                                                                                 
20/11/2015


          
20/11/2015

Por certo, as fabas do frasco ao que non lle botamos auga están coma o primeiro día. 
Conclusión: sen humidade non xerminan as fabas.

                      Así estaban  hoxe á volta de vacacións 
                                           07/01/2016

martes, 5 de enero de 2016

Canción: "PINTAR AS VERBAS DE PAZ"

NADAL 2015

Xa chegamos ao Nadal e coma todos os anos no noso colexio celebramos esta festa con moitas actividades. Durante todo o mes de decembro estivemos  traballando arredor deste tema. Como podedes ver nas fotos da WEB do colexio  houbo  unha exposición  con árbores de Nadal. Nós realizamos algunhas reciclando revistas vellas e ademais un compañeiro noso trouxo feita unha da casa moi orixinal. Aquí as tedes:  




Tamén participamos no concurso de postais de Nadal. 
  




                                                   



                                                   





















Axudamos a decorar o corredor da segunda planta cos motivos que vedes na seguinte foto.





Pero o que máis nos gustou, aínda que foi o que máis traballo nos supuxo, foi a canción que preparamos para o festival de Nadal. Tivemos que estar ensaiando todos os recreos e tamén nas horas de relixión (agradecemos desde aquí o tempo e a axuda que nos prestou a profe de relixión) e nos últimos días, nalgunhas horas de clases. Ademais de ensaiar a canción tivemos que confeccionar un mural  onde se representaba a Terra,  feita en plastilina, rodeada de palabras  relativas a problemas que padece hoxe o mundo e que logo no medio da canción sustituiamos por outras contrarias, en positivo, tal como nos gustaría a nós. A canción acompañámola dunha coreografía que fixemos ao final da canción, tivémola que ensaiar moitas veces. Traballamos moito pero ao final  o esforzo mereceu a pena: todos nos felicitaron, tanto mestres coma compañeiros e o día da actuación para os pais aplaudíronnos a rabiar, incluso houbo moitos pais que chegaron a emocionarse.  A experiencia non puido ser máis positiva para nós.
Estas son as dúas visións do mural. 

                                                                        Así vemos a Terra hoxe

Así queremos nós a Terra



Cantando "Pintar as verbas de PAZ"

Podedes ver máis fotos na presentación e tamén o vídeo da actuación.

TEATRO: "LA GUERRA DE TROYA"




  O 24 de novembro fomos ver unha obra de teatro titulada “La guerra de Troya”. Esta obra narraba o enfrontamento,  hai miles de anos, entre as dúas nacións  máis poderosas  da Terra. Este espectáculo combinaba narración, marionetas e audiovisual de animación. Foi moi novidoso para nós. Gustounos moito a todos. 




ESPECTÁCULO DE DANZA CONTEMPORÁNEA

O  4 de novembro fomos ver o espectáculo de Danza Contemporánea que tivo lugar na Escola Municipal de Artes Escénicas  de Ourense.  Foi unha actividade moi divertida e didáctica porque  participamos moito todos os alumnos alí presentes,  facendo diferentes coreografías e representando o papel  do outro  persoal que tamén é necesario nun espectáculo, ademais dos actores e actrices, para que todo saia ben (xefe de escena, xefe de sala, encargado do son,  de luces…)


 



CHARLA: "SEGURIDADE EN INTERNET"


O  16 de outubro  tivemos unha charla no centro sobre “Seguridade en Internet” impartida por persoal da Policía Nacional. Alí tivemos ocasión de aprender os coidados que tiñamos que ter ao navegar pola rede, e como agora imos utilizar moito Internet pareceunos moi necesaria.