domingo, 28 de febrero de 2016

ROSALÍA DE CASTRO

Co gallo do 179 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro estivemos traballando toda a semana arredor da súa vida e obra e agora para rematar tedes que elaborar cada un de vós un pequeno traballo sobre a nosa escritora máis universal. Podedes buscar información nos seguintes enlaces e tamén volver escoitar cando queirades os vídeos sobre algúns dos seus poemas musicados, ou realizar actividades interactivas sobre a súa vida e obra. Tedes ata o día 9 para entregar o traballo,
Picade nas imaxes para acceder á información


 https://es.wikipedia.org/wiki/Rosal%C3%ADa_de_Castro http://rosaliadecastro.org/rosalia/biografia/ http://www.lavozdegalicia.es/noticia/informacion/2015/02/24/rosalia-castro-escritora-universal-sentimiento-ser-gallego/00031424735206870381619.htm

martes, 9 de febrero de 2016

martes, 2 de febrero de 2016

ENTROIDO 2016

CHEGOU O  ENTROIDO E CON EL A DIVERSIÓN E A TROULA. E COMO É UNHA FESTA TAN IMPORTANTE EN GALICIA, E ESPECIALMENTE AQUÍ NA PROVINCIA DE OURENSE, DÉIXOVOS ALGÚNS ENLACES NOS QUE PODEDES ENTRAR PARA COÑECER ALGO MÁIS SOBRE ESTA TRADICIONAL E DIVERTIDA FESTA GALEGA: AS SÚAS ORIXES, AS MÁSCARAS MÁIS IMPORTANTES, O CALENDARIO DE ENTROIDO, AS COMIDAS TÍPICAS... PERO LEMBRA  QUE A MELLOR MANEIRA DE COÑECER E RESPECTAR ESTA FESTA É PARTICIPANDO NELA. DISFRÁZATE COMO MÁIS CHE GUSTE, TODO VALE. 
POR UNS DÍAS PODES SER O QUE TI QUEIRAS: 
                                UNHA FADA XENEROSA,
                              UN VERMIÑO COMELLÓN,
                          UN DIRECTOR DE ORQUESTRA 
                            OU UN TEMIBLE CIGARRÓN; 
NON TES MÁIS QUE DEIXAR VOAR A TÚA IMAXINACIÓN.
                                                                           
                                   PÁSADEO BEN
https://dl.dropboxusercontent.com/u/13783708/librolim_entroido_tradicional/lim.swf?libro=o_entroido_tradicional_galego.lim
http://www.slideshare.net/remebuma/unidade-didctica-do-entroido-2014

http://coordinadoraendl.org/entroido/Material2014/documento.carteler%C3%ADa.entroido.pdf


jueves, 21 de enero de 2016

sábado, 9 de enero de 2016

miércoles, 6 de enero de 2016

XERMINACIÓN DUNHA SEMENTE DE FABA

Unha  das experiencias de ciencias naturais levada a cabo durante este trimestre consistiu en estudar o proceso de xerminación dunha faba. Observamos todos os pasos desde que as introducimos no medio dun algodón húmido dentro dun bote de cristal ata o día das vacacións. Noutro bote metemos, igualmente,  fabas, pero sen humedecer o algodón.  Cada dous ou tres  días comprobabamos que o algodón estivese húmido e mediamos  o que medraran as sementes e o que lle pasaba ás fabas do bote que non tiña auga Cando xa a planta de cada un  contaba con raíz suficiente plantámolas na terra en testos e agora seguen crecendo, tanto que xa houbo que pórlle guías. A  ver se chegan a darnos outra vez  fabiñas, se é que non nos morreron durante as vacacións!
O proceso recollémolo nunha ficha deseñada pola profe  e tamén en fotografías. Observade.


06/11/2015
10/11/2015
13/11/2015

15/11/2015
19/11/2015
 

                                                                                                                                                 
20/11/2015


          
20/11/2015

Por certo, as fabas do frasco ao que non lle botamos auga están coma o primeiro día. 
Conclusión: sen humidade non xerminan as fabas.

                      Así estaban  hoxe á volta de vacacións 
                                           07/01/2016

martes, 5 de enero de 2016