domingo, 26 de marzo de 2017

LA MARAVILLOSA HISTORIA DEL VIOLÍN TROMPETA

O día 20 de marzo os alumnos e as alumnas de 5º e 6º de primaria asistimos a unha actuación sobre a música no Auditorio Municipal de Ourense.
Unha viaxe a través dos diferentes ritmos e melodías da música de baile do noso país. Coa imaxinación e creatividade convertiremos o violín nunha gaivota ou ¡nunha vaca! e escoitaremos a brisa mariña dende o fuelle do acordeón. Deixámonos levar polo misterioso e doce son do serrucho mentras escoitamos o Ave María de Schubert, sentir que paseamos pola Lisboa gris e chuviosa da man do vibrandoneón, o percorrer o vello Madrid da festa e a verbena mentras un stroviol ou violín trompeta susurra un foxtrot ou un vals melancólico.


LA MARAVILLOSA HISTORIA DEL VIOLÍN TROMPETA by Slidely Slideshow

Na Televisión de Galicia tamén se fixeron eco deste concerto. Premede na imaxe para ver a reportaxe:


martes, 28 de febrero de 2017

UN ENTROIDO VENTOSO

Despois de traballar arreo na preparación dos disfraces de vento entre papás, mamás, mestres, mestras, alumnos e alumnas, por fin chegou o día de por os disfraces e saír a disfrutar! O colexio Plurilingüe Albino Núñez ía estar afectado por unha serie de fenómenos meteorolóxicos adversos, entre eles o vento que non paraba de troulear.




ENTROIDO 2017- VENTO by Slidely Photo Gallery

E coma en toda a festa, a música non pode faltar. 
Os nosos compañeiros Carla e Anxo tocaron unhas pezas para comezar.




jueves, 23 de febrero de 2017

FIGURAS XEOMÉTRICAS CON PLASTILINA E PALILLOS

Os/as alumnos e alumnas de 6º de primaria construimos as nosas propias figuras xeométricas empregando plastilina e palillos,  unha maneira divertida de traballar as matemáticas.

                      Comezamos a construir as nosas figuras...            






       E así quedaron as nosas creacións.... fantásticas!!!!!!!   









XORNADA SAUDABLE: VISITA SUPERMERCADO

O xoves, 16 de febreiro, os alumnos e alumnas de 6º de primaria participamos nunha actividade relacionada coa alimentación e os hábitos saudables. Esta actividade constou de dúas partes:
- Primeiramente no centro tivemos unha charla informativa impartida por unha nutricionista.Por medio dunha presentación, foinos explicando os tipos de alimentos que constitúen a pirámide alimentaria e o consumo aconsellable de cada grupo deles. Despois tamén nos explicou como está distribuída cada sección dun supermercado e os produtos que podemos atopar nelas. 

















Antes de rematar a charla, a nutricionista comentounos que cando chega a hora de pagar.....pois en moitas ocasións nos desesperamos, xa sexa, por impaciencia ou porque realmente temos présa.....Este vídeo que vos amosamos a continuación é un claro caso do que vos acabamos de contar.



- Na segunda parte da actividade, desprazamonos ao supermercado. Alí puidemos observar as distintas seccións das que nos falara a nutricionista. Detivémonos máis concretamente na peixaría e na charcutería, nas que as dependentas nos deron unha clase práctica do seu traballo diario.
A continuación, tomamos unha merenda basada, como non, en alimentos saudables. Que bo estaba o zume!!!! Antes de rematar, fixemos un xogo cos ollos pechados, no cal tiñamos que descubrir as froitas e verduras que íamos tocar e probar.                                


                               
                            


Finalmente, tocaba despedirnos e agradecer todas as atencións recibidas.
Imos coa lección ben aprendida: "Se comes saudable, crecerás sendo responsable"

jueves, 26 de enero de 2017

TALLER DO PAN

O pasado mércores, 11 de xaneiro, todo o alumnado do sexto curso de Educación Primaria participamos nun taller de elaboración do pan no comedor do centro. A nosa mestra ía ser a nosa panadeira. 
Días antes fixemos unha lista con todos os ingredientes que íamos empregar: 
  • 500 g de fariña,  
  • 10 g de levadura, 
  • 300 g de auga tépeda 
  • 10 g de sal. 
Con todo isto, xa estabamos preparados para poñernos "mans ao bolo". Todos e todas aprendemos os pasos para facelo pan, fomos botando cada ingrediente pouco a pouco, logo amasamos ben e finalmente fixemos os bolos, e metémolos no forno. Agora, só quedaba esperar. Menudo arrecendo houbo ese día no colexio, humm!!

FACENDO PAN by Slidely Slideshow

jueves, 19 de enero de 2017

DESPEDIDA E NOVA ANDAINA

Despois da xubilación de María García Dafonte, a profesora que con profesionalidade, dedicación e cariño tivo a seu cargo a dirección deste blog e que construíu curso a curso coa colaboración dos seus alumnos, comezamos agora unha nova andaina na que reflectiremos as actividades, traballos, creacións ... que realizarán os alumnos e alumnas das aulas abalar do centro (5º e 6º de primaria), así mesmo compartirán connosco recursos e propostas relacionadas coas TICS. 
Queremos que siga sendo un elemento máis de comunicación entre os alumnos e a comunidade educativa onde podades ver o traballo que día a día realizamos no centro. Esperamos non desmerecer o traballo realizado por María García que nos deixou o "listón" moi alto. A ela desexámoslle o mellor nesta etapa da súa vida e un merecido descanso despois de tantos anos de esforzo e dedicación. 

Tamén contamos con todos para que nos sigades apoiando e visitando.

lunes, 30 de mayo de 2016

Visita á Sala de Exposicións Afundación: " A FRONTEIRA INFINDA"

O venres, día 27 de maio os nenos de 5º e 6º fomos ver a exposición "A FRONTEIRA INFINDA" á Sala de Exposicións Afundación. Esta exposición achegounos á arte realizada por creadores galegos fóra de Galicia, ao longo de boa parte do século XX. Vimos obra de Castelao, Maruja Mallo, Laxeiro, Luis Seoane... e antes realizamos un obradoiro que consistiu en supoñer que eramos un grupo deses pintores emigrados e tiñamos que elaborar a portada dunha revista, unha entrevista a un deles, unha obra, o cartel anunciando unha exposición que ía ter lugar proximamente e unha viñeta cómica... Mirade o resultado.


Traballando no obradoiro
Mostrando a obra realizada 

Gustounos moito como a monitora enfocou a visita porque nos fixo participar moito e tamén resultou moi positivo o obradoiro.