jueves, 27 de abril de 2017

DÍA DO LIBRO

O día 23 de abril celébrase o Día do Libro. Como cada ano, os alumnos/as maiores lenlles contos aos nenos e nenas máis pequenos/as. Esta actividade permite mellorar a capacidade lectora e a escoita activa e sobre todo, mellorar as relacións interpersoais do alumnado do centro.
























































martes, 25 de abril de 2017

CHARLA PERIODÍSTICA

O pasado martes día 19 abril, recibimos a visita dunha periodista no noso centro: Fina Ulloa, unhas das periodistas do xornal La Voz de Galicia. Amosounos como foi a evolución do periódico dende o ano 1882 ata a actualidade. Ademais falounos das diversas seccións das que consta un xornal: noticias de portada, nacionais, rexionais, locais, internacionais, os anuncios clasificados, o ocio e entretenemento, os deportes, etc...
A introdución do xornal na escola non só é unha ferramenta pedagóxica senón tamén un medio importante de conectar ao alumnado co mundo que lle rodea. Os/as alumnos/as teñen dereito non só a acceder a realidade presente senón tamén a ir formando unha conciencia crítica para enfrontarse as distorsións da realidade que ofrecen os medios de comunicación.
Aprendemos moito desta visita, seguiremos traballando o xornal na aula porque nos ofrece posibilidades de facer unha ensinanza viva, funcional e interesante que conecta coa realidade. 


Charla sobre periodismo by Slidely Slideshow

lunes, 10 de abril de 2017

AIR PLANET


Coidar o noso planeta nunca foi tan divertido, fácil e interesante para os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria do noso colexio. O proxecto Air Planet, de Cooperación Internacional ONG, leva a sensibilización medio ambiental aos centros escolares, a través dun variado programa de actividades. Nesta edición amosáronnos unha atractiva exposición itinerante sobre o cambio climático.
O proxecto motivou aos rapaces e ao profesorado na protección duns dos tesouros máis prezados que temos: o noso planeta. E, a través do estímulo da responsabilidade e o interese dos rapaces polo medio ambiente, estivo orientado a mellorar o seu nivel académico nas materias relacionadas con este ámbito. 
Slidely Slideshow

Estamos convencidos de que "unha actitude solidaria dos máis novos de hoxe construirá unha sociedade mellor no futuro".

No seguinte documento podedes ler os paneis informativos da exposición sobre o cambio climático:

miércoles, 5 de abril de 2017

TALLER DE OVOS DE PASCUA

Dende fai uns anos, como pasa en todos os costumes que imos adquirindo doutras culturas, en Semana Santa lévase a tradición dos ovos de Pascua.    Os/ as alumnos/as de sexto de primaria decidimos facer un taller de ovos de Pascua con globos e papel de seda. Foi unha actividade super divertida.
Aquí vos deixamos unha mostra do ben que o pasamos facéndoos.

domingo, 26 de marzo de 2017

VISITAMOS METEOGALICIA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

O pasado martes 21 de marzo os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria visitamos Meteogalicia, en Santiago de Compostela. A actividade formaba parte dun programa que estamos a levar a cabo no noso colexio, MeteoEscolas, que consiste en mellorar as competencias en temas medio ambientais e das ciencias da Terra e promover a investigación na escola. 
Ao chegar visitamos as instalacións, onde nos amosaron a sala de predición, na que nos explicaron as ferramentas que empregan os técnicos para levar a cabo o seu traballo, así como unha explicación básica do proceso de predición meteorolóxica. Fixeron un especial fincapé nas fontes de incertidume que existen no traballo de toma de datos e na posterior predición.
Tamén fixeron unha breve presentación que representou unha toma de contacto coa meteoroloxía e a climatoloxía, que no noso caso nos serviu para repasar os conceptos de diferenza entre tempo e clima, ciclo hidrolóxico, borrascas e anticiclóns, frentes, furacáns, tornados e imaxes de satélite, entre outros.
Para finalizar, invitáronnos a visitar unha mostra de aparellos meteorolóxicos, na que nos explicaron os distintos sensores e a súa utilidade ,así como nos deron algunhas pinceladas sobre o traballo de observación meteorolóxica e mantemento da rede de estacións meteorolóxicas deste organismo autonómico.


A continuación achegámonos a Catedral de Santiago. Estivemos na praza das praterías, logo na praza do Obradoiro, dende a cal puidemos ver a fachada principal en proceso de restauración; a Porta Santa, e finalmente, entramos na Catedral.O que mais nos chamou a atención foi o botafumeiro,o profe Pepe explicounos que se empregaba para perfumar e purificar o aire da catedral onde antigamente durmían os peregrinos .Tamén visitamos o sepulcro do Apóstol Santiago e a capela Maior, onde estaba a imaxe de Santiago de pedra vestido de peregrino, todos subimos a darlle unha aperta e pedir un desexo.

Aproximábase a hora do xantar, e todos tiñamos moita fame, como ao final quedou bo día, aproveitamos e xantamos na Alameda. Ao rematar, demos un longo paseo polo parque. Xa pola tarde, organizámonos por grupos e fomos mercar algún agasallo. Pasámolo moi ben!!!!

LA MARAVILLOSA HISTORIA DEL VIOLÍN TROMPETA

O día 20 de marzo os alumnos e as alumnas de 5º e 6º de primaria asistimos a unha actuación sobre a música no Auditorio Municipal de Ourense.
Unha viaxe a través dos diferentes ritmos e melodías da música de baile do noso país. Coa imaxinación e creatividade convertiremos o violín nunha gaivota ou ¡nunha vaca! e escoitaremos a brisa mariña dende o fuelle do acordeón. Deixámonos levar polo misterioso e doce son do serrucho mentras escoitamos o Ave María de Schubert, sentir que paseamos pola Lisboa gris e chuviosa da man do vibrandoneón, o percorrer o vello Madrid da festa e a verbena mentras un stroviol ou violín trompeta susurra un foxtrot ou un vals melancólico.


LA MARAVILLOSA HISTORIA DEL VIOLÍN TROMPETA by Slidely Slideshow

Na Televisión de Galicia tamén se fixeron eco deste concerto. Premede na imaxe para ver a reportaxe: