O día 23 de abril celébrase o Día do Libro. Como cada ano, os alumnos/as maiores lenlles contos aos nenos e nenas máis pequenos/as. Esta actividade permite mellorar a capacidade lectora e a escoita activa e sobre todo, mellorar as relacións interpersoais do alumnado do centro.
jueves, 27 de abril de 2017
martes, 25 de abril de 2017
CHARLA PERIODÍSTICA
O pasado martes día 19 abril, recibimos a visita dunha periodista no noso centro: Fina Ulloa, unhas das periodistas do xornal La Voz de Galicia. Amosounos como foi a evolución do periódico dende o ano 1882 ata a actualidade. Ademais falounos das diversas seccións das que consta un xornal: noticias de portada, nacionais, rexionais, locais, internacionais, os anuncios clasificados, o ocio e entretenemento, os deportes, etc...
A introdución do xornal na escola non só é unha ferramenta pedagóxica senón tamén un medio importante de conectar ao alumnado co mundo que lle rodea. Os/as alumnos/as teñen dereito non só a acceder a realidade presente senón tamén a ir formando unha conciencia crítica para enfrontarse as distorsións da realidade que ofrecen os medios de comunicación.
Aprendemos moito desta visita, seguiremos traballando o xornal na aula porque nos ofrece posibilidades de facer unha ensinanza viva, funcional e interesante que conecta coa realidade.
Charla sobre periodismo by Slidely Slideshow
Charla sobre periodismo by Slidely Slideshow
lunes, 10 de abril de 2017
AIR PLANET
Coidar o noso planeta nunca foi tan divertido, fácil e interesante para os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria do noso colexio. O proxecto Air Planet, de Cooperación Internacional ONG, leva a sensibilización medio ambiental aos centros escolares, a través dun variado programa de actividades. Nesta edición amosáronnos unha atractiva exposición itinerante sobre o cambio climático.
O proxecto motivou aos rapaces e ao profesorado na protección duns dos tesouros máis prezados que temos: o noso planeta. E, a través do estímulo da responsabilidade e o interese dos rapaces polo medio ambiente, estivo orientado a mellorar o seu nivel académico nas materias relacionadas con este ámbito.
Slidely Slideshow
Estamos convencidos de que "unha actitude solidaria dos máis novos de hoxe construirá unha sociedade mellor no futuro".
No seguinte documento podedes ler os paneis informativos da exposición sobre o cambio climático:
Slidely Slideshow
Estamos convencidos de que "unha actitude solidaria dos máis novos de hoxe construirá unha sociedade mellor no futuro".
No seguinte documento podedes ler os paneis informativos da exposición sobre o cambio climático:
miércoles, 5 de abril de 2017
TALLER DE OVOS DE PASCUA
Dende fai uns anos, como pasa en todos os costumes que imos adquirindo doutras culturas, en Semana Santa lévase a tradición dos ovos de Pascua. Os/ as alumnos/as de sexto de primaria decidimos facer un taller de ovos de Pascua con globos e papel de seda. Foi unha actividade super divertida.
Aquí vos deixamos unha mostra do ben que o pasamos facéndoos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)