lunes, 3 de octubre de 2011

Vacacións en Romanía

Estas vacacións pensei que ían ser como as dos anos anteriores, pero un día despois de cear os meus pais dixéronme que as iamos pasar no meu país, Romania. Desde entón estiven moi nerviosa esperando que chegara o día de marchar. Cando chegamos a Romania esperábanos impaciente toda a familia. Primeiro visitamos os pais da miña nai e logo os do meu pai. Dous días máis tarde eu e mailo meu avó visitamos sitios da miña infancia como os prados, o monte que temos alí preto... o que máis me gustou foi respirar o aire fresco do monte e o cheiro da herba fresca. Tamén volvín comer as comidas típicas de alí como salata de biof, caltabosi... entre estas todas a máis rica para min foi salata de biof.

Sen darme conta chegou o momento de voltar a España. A despedida foi moi triste porque non sei cando volveremos de novo. Paseino moi, moi ben, espero que vós tamén o pasarades así de ben.

Helleni

sábado, 1 de octubre de 2011

Unhas vacacións estupendas

Este verán fun á Pobra do Caramiñal e subín ao monte da Curota ver os cabalos. A Curota é un monte onde hai moitos cabalos salvaxes, gústame moito ir alí, porque a min gústanme moito estes animais.

Tamén estiven en Valencia, e fun visitar o Oceanografic. O que máis me gustou foi o delfinario. Ademais fun ás praias, parecéronme moi bonitas e a auga estaba moi quente.

María

viernes, 30 de septiembre de 2011

Vacacións en Panxón

O máis importante que fixen durante este verán foi unha excursión a Panxón, organizada pola catequese da parroquia de Palmés. Só durou 10 días, pero paseino moi ben, aínda que os últimos cinco días choveu e amolounos moito. O último día amargoume moito ter que volver á casa, bo foi que pronto chegaron as festas de Palmés onde sempre o paso xenial. Estas vacacións de verán foron as mellores.

Eva

martes, 20 de septiembre de 2011

A praia de Portugal

A PRAIA DE PORTUGAL

Era coma un día calquera: o almorzo pola mañá, ver a tele… pero resulta que non foi un día coma eses. Estaba eu tan tranquila vendo a tele cando entra a miña nai pola porta e dime que imos á praia; eu púxenme contenta, pero non tanto coma cando me dixo que iamos ir a unha praia de Portugal. Nese momento quedeime en branco como se estivera soñando e non fose verdade o que estaba pasando. Fun a primeira que montei no coche, claro que a miña curmá no lado da fiestra para que non se marease. Cando chegamos alí todo era marabilloso, non vira cousa igual. Fomos cara á praia. A area era finiña e a auga moi limpa, eu quitei tan rápido a toalla que parecía unha tola do contenta que estaba. Fun á auga, metinme nela e despois de tres segundos empecei a sentirme mal porque a auga picaba e empecei a berrar. Estaba tan, tan ilusionada que ao picarme a auga daquela maneira toda a miña alegría se estragou e sentinme fatal.

Andrea






jueves, 15 de septiembre de 2011

BENVIDA A TODOS E TODAS




Comeza un novo curso e, como vimos cargados de enerxía e bos desexos, imos intentar pór en práctica algúns cambios neste blog que xa comentamos no curso pasado. Ademais de servir de taboleiro de exposición dos traballos da clase podemos melloralo subindo as vosas reflexións, valoracións, novas... sobre calquera tema do voso interese, co que faremos un blog máis dinámico e participativo. Aquí todos temos moito que dicir.


ÁNIMO!!!!!

martes, 2 de agosto de 2011

Se queredes repasar o temario de matemáticas podedes ir aos seguintes enlaces:

domingo, 12 de junio de 2011

o tren da poesía




O Equipo de Dinamización da Biblioteca propuxo que cada clase estudase un poeta e elexise un poema seu e logo se representasen en dúas cartolinas A3. Despois, con todas elas farían un tren que colocaron no corredor que leva á biblioteca. A nosa profesora elexiu a Celso Emilio Ferreiro e o poema “Monólogo do vello traballador”. Este poema tamén o recitou o noso compañeiro Fran no festival do Día das Letras Galegas e posteriormente cantámolo toda a clase acompañando a voz de Pucho Boedo e co visionado dunha presentación de power point.

Estas son as fotos dos nosos dous vagóns.