jueves, 21 de enero de 2016
sábado, 9 de enero de 2016
miércoles, 6 de enero de 2016
XERMINACIÓN DUNHA SEMENTE DE FABA
Unha das experiencias de ciencias naturais levada
a cabo durante este trimestre consistiu en estudar o proceso de xerminación
dunha faba. Observamos todos os pasos desde que as introducimos no medio dun
algodón húmido dentro dun bote de cristal ata o día das vacacións. Noutro bote
metemos, igualmente, fabas, pero sen
humedecer o algodón. Cada dous ou tres días comprobabamos que o algodón estivese húmido e mediamos
o que medraran as sementes e o que lle pasaba ás fabas do bote que non tiña auga Cando xa a planta de cada un contaba con raíz suficiente plantámolas na
terra en testos e agora seguen crecendo, tanto que xa houbo que pórlle guías. A ver se chegan a darnos outra vez fabiñas, se é que non nos morreron durante as
vacacións!
O proceso recollémolo nunha ficha deseñada pola profe e tamén en fotografías. Observade.
![]() |
| 06/11/2015 |
![]() |
| 10/11/2015 |
![]() |
| 13/11/2015 |
![]() |
| 15/11/2015 |
![]() |
| 19/11/2015 |
![]() |
| 20/11/2015 |
![]() |
| 20/11/2015 |
Por certo, as fabas
do frasco ao que non lle botamos auga están coma o primeiro día.
martes, 5 de enero de 2016
NADAL 2015
Xa
chegamos ao Nadal e coma todos os anos no noso colexio celebramos esta festa
con moitas actividades. Durante todo o mes de decembro estivemos traballando arredor deste tema. Como podedes
ver nas fotos da WEB do colexio
houbo unha exposición con árbores de Nadal. Nós realizamos algunhas
reciclando revistas vellas e ademais un compañeiro noso trouxo feita unha da
casa moi orixinal. Aquí as tedes:
Axudamos a decorar o corredor da segunda planta cos motivos que vedes na seguinte foto.
Pero o que máis nos gustou, aínda que foi o que máis
traballo nos supuxo, foi a canción que preparamos para o festival de Nadal.
Tivemos que estar ensaiando todos os recreos e tamén nas horas de relixión (agradecemos
desde aquí o tempo e a axuda que nos prestou a profe de relixión) e nos últimos
días, nalgunhas horas de clases. Ademais de ensaiar a canción tivemos que
confeccionar un mural onde se
representaba a Terra, feita en
plastilina, rodeada de palabras relativas
a problemas que padece hoxe o mundo e que logo no medio da canción sustituiamos
por outras contrarias, en positivo, tal como nos gustaría a nós. A canción acompañámola dunha
coreografía que fixemos ao final da canción, tivémola que ensaiar moitas veces. Traballamos moito pero ao
final o esforzo mereceu a pena: todos
nos felicitaron, tanto mestres coma compañeiros e o día da actuación para os
pais aplaudíronnos a rabiar, incluso houbo moitos pais que chegaron a
emocionarse. A experiencia non puido ser
máis positiva para nós.
Estas son as dúas visións do mural.
Así queremos nós a Terra
TEATRO: "LA GUERRA DE TROYA"

O 24 de novembro fomos ver unha obra de teatro titulada “La guerra de Troya”. Esta obra narraba o enfrontamento, hai miles de anos, entre as dúas nacións máis poderosas da Terra. Este espectáculo combinaba narración, marionetas e audiovisual de animación. Foi moi novidoso para nós. Gustounos moito a todos.
ESPECTÁCULO DE DANZA CONTEMPORÁNEA
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





















