lunes, 28 de marzo de 2016

CANDO XOGO... EN GALEGO!!

No noso centro estase levando a cabo unha campaña  sobre o uso do galego no deporte. Leva por título "CANDO XOGO... EN GALEGO!!". Trátase de aprender o vocabulario específico dos deportes máis practicados por nós en galego e de usalo cando facemos deporte. Nós eleximos o fútbol, porque nos gusta moito a todos, e despois de buscar como se dicían en galego cada unha das palabras que se usan neste deporte elaboramos cada un de nós dúas palabras en cartolina. O resultado quedou como vedes neste mural. Agora só queda que as usemos sempre, tal e como nos comprometemos.

CHARLA SOBRE RECICLAXE

O 7 de marzo os alumnos/as de 5º curso recibimos unha charla sobre reciclaxe, impartida por un biólogo enviado polo Concello de Ourense, que levaba por título "Ti reciclas. Ourense gaña." Nesta charla aprendemos como se debían separar correctamente os residuos e o proceso que tiña lugar despois. Mostrounos  a planta de SOGAMA e moitos vertedoiros incontrolados que aínda se ven en Galicia hoxe en día. Aprendemos moito sobre o significado dos RRR (reducir, reutilizar e reciclar)  e da necesidade de contribuír ao coidado do medio ambiente.

lunes, 7 de marzo de 2016

8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER











Como sabedes mañá, día 8 de marzo, é o Día Internacional da Muller. Foi elexida esta data porque neste día en 1857 e en 1908 tiveron lugar dúas folgas reivindicando a igualdade de dereitos das mulleres. O 8 de marzo de 1857 un grupo de obreiras dunha fábrica téxtil manifestouse polas rúas de Nueva York para protestar polas pésimas condicións nas que traballaban. Arredor desta data, novamente en Nueva York, en 1908, unhas 40000 costureiras das grandes fábricas de Estados Unidos puxéronse en folga reclamando igualdade laboral, diminución da xornada laboral a dez horas e dereito para sindicarse. Nunha destas fábricas en folga, as mulleres encerráronse na súa fábrica e produciuse un incendio, que se cre foi provocado polo dono da fábrica, e alí morreron queimadas 120 mulleres.
En 1910, durante a Segunda Conferencia Internacional de Mulleres Traballadoras celebrada en Copenhague (Dinamarca) máis de cen mulleres de diferentes países aprobaron declarar o 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora, hoxe denominado Día Internacional da Muller.
Desde 1911 vénse celebrando este día, e no ano 1975 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas estableceu esta data como Día Internacional da Muller. A continuación podedes ver o vídeo "Rosa caramelo" que nos permitirá analizar os estereotipos que se foron creando en canto ao xénero.  

Entrade tamén no seguinte enlace e poderedes ler o conto "Conociendo a Malala: una luchadora de Nobel"    http://www.educapeques.com/cuentos-infantiles-cortos/cuentos-para-ninos/cuento-infantil-malala-una-luchadora-de-nobel.html

domingo, 28 de febrero de 2016

POEMAS MUSICADOS DE ROSALÍA

ACTIVIDADES INTERACTIVAS SOBRE ROSALÍA DE CASTRO

http://www.chiscos.net/xestor/chs/ninivarela/rosali_a_en_verde/lim.swf?libro=rosali_a_en_verde.lim

https://dl.dropboxusercontent.com/u/22431202/rosalia/rosalia.html





vídeos sobre a vida e obra de Rosalía

ROSALÍA DE CASTRO

Co gallo do 179 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro estivemos traballando toda a semana arredor da súa vida e obra e agora para rematar tedes que elaborar cada un de vós un pequeno traballo sobre a nosa escritora máis universal. Podedes buscar información nos seguintes enlaces e tamén volver escoitar cando queirades os vídeos sobre algúns dos seus poemas musicados, ou realizar actividades interactivas sobre a súa vida e obra. Tedes ata o día 9 para entregar o traballo,
Picade nas imaxes para acceder á información


 https://es.wikipedia.org/wiki/Rosal%C3%ADa_de_Castro http://rosaliadecastro.org/rosalia/biografia/ http://www.lavozdegalicia.es/noticia/informacion/2015/02/24/rosalia-castro-escritora-universal-sentimiento-ser-gallego/00031424735206870381619.htm