viernes, 2 de abril de 2010





Encontro co escritor ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

O mércores, 27 de xaneiro tivemos un encontro co escritor Antonio García Teijeiro na aula de cultura de Caixanova. Alí xuntámonos os alumnos de 6º de varios colexios de Ourense. O escritor estivo durante unha hora léndonos algúns poemas do seu libro Bolboretas de papel e nós axudabámoslle a recitalos e dramatizalos. Xogaba moito coas palabras e fíxonos ver que a poesía pode ser divertida.

Nós xa leramos o libro na clase e pareceunos moi bonito e fácil. Despois puidemos facerlle algunhas preguntas e por último firmounos os libros a todos os nenos.

Ao saír dirixímonos todos á Praza Mayor e alí cantámoslle todos unha canción e un representante de cada clase leu un poema do seu libro. Ao final fíxose unha solta de globos.

A Praza estaba adornada coas bolboretas que decoramos cada un de nós na clase. Nas seguintes fotos podedes observar o bonitas que eran as que nós fixemos.