sábado, 18 de enero de 2014

Exposición "A restauración no museo"

O día 18 de decembro de 2013 os nenos e nenas de 5º e 6º do noso colexio fomos ver a exposición “A restauración no museo” que estaba instalada na sala de exposicións de Novagalicia Banco na Praza Maior de Ourense. Alí unha guía mostrounos as distintas esculturas e cadros, todos relixiosos, e feitos en madeira. Logo explicounos cales son os males ou enfermidades que poden presentar as esculturas e as pinturas feitas en madeira  e a maneira de restauralas.
 Para saber que problemas presenta fanlle á peza unha especie de radiografía. Unha das cousas que máis importante é na restauración dunha obra é que non se lle pode engadir nada novo. Das enfermidades que poden presentar estas obras unha moi importante é a presenza de termitas e a monitora díxonos que para eliminalas inxéctanlles un insecticida cunha xiringa en cada burato e logo envólvenas nun plástico ben pechado e extráenlle o aire e así as termitas morren por falta de osíxeno. Están así envoltas arredor dun mes. Outro problema importante que presentan estas obras é a debilitación da madeira que deben solucionar para darlle consistencia aos soporte das obras.
Despois de explicarnos estas e moitas outras cousas sobre a restauración de obras en madeira fixemos un taller onde por grupos tiñamos que detectar que problemas presentaba unha obra que nos deu fotografada e cales serían as medidas que habería que tomar para restaurala, esta peza era o Santiago Peregrino. Gustounos moito facer de restauradores e puidemos aplicar os coñecementos que adquirimos ao longo da visita. Esta visita gustounos moito a todos e á nosa mestra tamén.