miércoles, 5 de marzo de 2014

Vista exposición "Neolítico, de nómades a sedentarios"

O día 19 de febreiro os alumnos e alumnas de 5º curso do noso colexio fomos ver a exposición da Caixa “Neolítico, de nómades a sedentarios” instalada nunha carpa na Alameda de Ourense. Alí unha guía explicounos como vivían os homes nómades e como vivían en cada unha das distintas etapas que se poden diferenciar no Neolítico: como eran as súas vivendas, que utensilios utilizaban, que comían, como se vestían, primeiras plantas e animais domesticados, descubrimentos, etc. Todo isto cunhas maquetas nas 
que había animais e figuras humanas a tamaño real que impresionaban moito. Aprendemos cousas moi curiosas como que o primeiro animal domesticado foi o lobo, as dúas hipótesis máis probables de como naceu a agricultura, a aparición da escritura como billete de compra, como celebraban os enterramentos… Foi unha visita que nos gustou moito a todos, estivemos moi atentos e a nosa profesora felicitounos á saída.