martes, 20 de mayo de 2014

Charla sobre acoso escolar




O 16 de maio asistimos a unha charla no centro sobre acoso escolar ou bullying. Foi impartida por dous señores do Instituto Galego de Seguridade e Saúde  Laboral (ISSGA). Primeiro explicáronos a que se dedicaba este organismo e logo presentámonos, pero en vez de presentarnos a nós mesmos o que fixemos foi presentar ao compañeiro que tivésemos á nosa dereita dicindo algo positivo del.  Cando rematamos un dos que deu a charla contounos unha historia real dun neno que sufriu acoso escolar e chegou a suicidarse.

Logo ensinounos un vídeo  de Perú tamén sobre acoso titulado "Eres único" que logo comentamos e que nos gustou moito. Ao final comentounos os perigos que poden ter as redes sociais, por exemplo cando enviamos fotos a alguén; desde ese momento perdemos o control sobre elas. Gustounos moito esta charla, aínda que tamén foi moi triste. Os señores que viñeron dar a charla eran moi simpáticos e amables.

     Se queres podes ver o vídeo "Eres único"