lunes, 9 de marzo de 2015

CHARLA DE PRIMEIROS AUXILIOS


O día 3 de marzo os alumnos de sexto tivemos unha charla sobre primeiros auxilios no noso centro. Esta charla pareceunos moi interesante e práctica porque aprendemos como actuar se nos atopamos cunha persoa que está ferida, atragantada, en parada cardio-respiratoria, queimada... Explicounos que o primeiro que había que facer era manter a calma e seguir o PAS (protexernos-protexer, alertar, socorrer). Á hora de socorrer indicounos como había que actuar nos diferentes tipos de accidentes ou situacións nas que se podía atopar unha persoa con problemas, mentres non chegaban os equipos sanitarios, e todo isto de maneira práctica, ben valéndose dun neno ou duns bonecos que traía consigo. Así ensinounos como realizar o boca a boca, a masaxe cardio-respiratoria e a manobra de Hemlich, como comprobar se unha persoa respira, como collerlle o pulso, ou como actuar se ten unha hemorraxia.  Todos estivemos moi atentos e interesados porque coa nosa actuación podemos salvar unha vida.   Noelia e Ángel