O día 19 de febreiro os alumnos e alumnas de 5º curso do noso colexio fomos ver a exposición da Caixa “Neolítico, de nómades a sedentarios” instalada nunha carpa na Alameda de Ourense.
Alí unha guía explicounos como vivían os homes nómades e como vivían en cada unha das distintas etapas que se poden diferenciar no Neolítico: como eran as súas vivendas, que utensilios utilizaban, que comían, como se vestían, primeiras plantas e animais domesticados, descubrimentos, etc. Todo isto cunhas maquetas nas 
que había animais e figuras humanas a tamaño real que impresionaban moito.
Aprendemos cousas moi curiosas como que o primeiro animal domesticado foi o lobo, as dúas hipótesis máis probables de como naceu a agricultura, a aparición da escritura como billete de compra, como celebraban os enterramentos…
Foi unha visita que nos gustou moito a todos, estivemos moi atentos e a nosa profesora felicitounos á saída.
miércoles, 5 de marzo de 2014
jueves, 27 de febrero de 2014
martes, 25 de febrero de 2014
Charla sobre seguridade en internet
O día 3 de xaneiro os alumnos de 5º e 6º do
noso colexio tivemos unha charla sobre como navegar con seguridade en Internet.
Esta charla foi impartida por un informático dentro do programa da Xunta
“Navega con rumbo”.
Aprendemos moitas cousas. Algunhas delas son:
Que
non hai que dar información ou datos reais a ningún descoñecido.
Nunca
dar os nosos contrasinais e como os debíamos elexir: con letras e números e
outros caracteres, pero á súa vez fácil de recordar; ensinounos algúns trucos
para facelo.
Non
rexistrarnos con datos reais nas redes sociais, como Facebook, Tuenti...ou en
xogos.
Que
tivésemos coidado coas fotos que subimos e non publicar as de ninguén sen o seu
consentimento.
Non
abrir páxinas raras, nin facer caso de anuncios de premios, etc.
Non
descargar programas descoñecidos.
Nunca
ter acendida a webcam para evitar que nos vexan a nós ou a nosa casa.
Ensinounos
a necesidade de ter un antivirus.
Que
ante calquera cousa sospeitosa que avisásemos aos mestres e aos pais.
Que
hai que respectar aos demais e que coidaramos a linguaxe.
Todo
isto pódese resumir en “Non fagas en internet o que non farías na vida
real”.
A todos nos pareceu unha charla moi
interesante, porque aprendemos moitas cousas
para poder navegar por Internet sen perigo.
(Martín, Alberto, Noelia,
Iris, Xian, Andrea S., Telma e Adrian)
martes, 18 de febrero de 2014
domingo, 16 de febrero de 2014
DÏA DA PAZ 2014
As
bandeirolas estaban colocadas sobre media pataca envolta en papel
aluminio.
Ao
rematar de completar a pomba, entre
todos cantamos a canción de Juanes
“Paz,paz,paz” acompañada dunha coreografía deseñada pola profesora Maite.
Como
chovía tivemos que facer todos estes actos no salón de actos.
(Podedes ver as
fotos aquí no blog).
miércoles, 29 de enero de 2014
Charla sobre hixiene dental
O día 15 de xaneiro os nenos de 5º e 6º tivemos unha charla no colexio sobre hixiene dental. Primeiro a monitora ensinounos un vídeo sobre os dentes, como coidalos e previr as caries; logo estivo un anaco ensinándonos a cepillar os dentes: díxonos que había que cepillalos dende a enxiva ata a coroa, por diante e por detrás, sen esquecernos das moas que as hai que cepillar en movementos circulares. Todo isto débese facer tres veces ao día, e que o momento máis importante é á noite. Para isto utilizou un modelo de dentadura moi grande. Tamén nos falou das partes dun dente e os distintos tipos de dentes, do que era a placa dental e como ocasionaba a caries, da necesidade de acudir ao dentista dúas veces ao ano... Ao final puidemos facerlle algunhas preguntas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

