jueves, 6 de marzo de 2014

miércoles, 5 de marzo de 2014

Fotos entroido 2014

Charla sobre a reciclaxe

O 21 de febreiro os nenos e nenas da nosa clase asistimos a una charla sobre a reciclaxe titulada “Ti reciclas, Ourense gaña”.
Un señor explicounos, valéndose dunha proxección, que os residuos non eran lixo, que os residuos eran todas as cousas que non iamos utilizar máis porque deixan de ter valor para nós, pero que se podían utilizar para outras cousas. Comentounos mediante unha gráfica a cantidade de residuos que se producen en España e en Galicia durante todo un ano e tamén como podiamos facer para reducilos. Ensinounos imaxes de vertedoiros e díxonos que o material que non reciclabamos ía alí, e tamén nos explicou como funciona Sogama.
Dixo que podiamos reducir o lixo que facemos usando a “regra dos tres R”: reducir, reutilizar e reciclar (nesta orde) e como había que reciclar correctamente pois se non o faciamos ben todo o esforzo non valía para nada. Por exemplo, non se pode botar un vaso ou un cristal dunha ventá no contedor de vidro porque isto non é vidro senón cristal. Tampouco botar unha tina de plástico no contedor de plástico, só envases. No de papel non botar papeis nin cartóns con graxa, ou mollados.

Pareceunos moi importante esta charla porque aínda que había cousas que xa as sabiamos, outras non e así poderemos contribuír a producir menos residuos, a reciclar ben e polo tanto a mellorar o noso planeta.   (Xian e Ángel)

Fotos exposición "Neolítico, de nómades a sedentarios"

Vista exposición "Neolítico, de nómades a sedentarios"

O día 19 de febreiro os alumnos e alumnas de 5º curso do noso colexio fomos ver a exposición da Caixa “Neolítico, de nómades a sedentarios” instalada nunha carpa na Alameda de Ourense. Alí unha guía explicounos como vivían os homes nómades e como vivían en cada unha das distintas etapas que se poden diferenciar no Neolítico: como eran as súas vivendas, que utensilios utilizaban, que comían, como se vestían, primeiras plantas e animais domesticados, descubrimentos, etc. Todo isto cunhas maquetas nas 
que había animais e figuras humanas a tamaño real que impresionaban moito. Aprendemos cousas moi curiosas como que o primeiro animal domesticado foi o lobo, as dúas hipótesis máis probables de como naceu a agricultura, a aparición da escritura como billete de compra, como celebraban os enterramentos… Foi unha visita que nos gustou moito a todos, estivemos moi atentos e a nosa profesora felicitounos á saída.

jueves, 27 de febrero de 2014

martes, 25 de febrero de 2014

Charla sobre seguridade en internet

O día 3 de xaneiro os alumnos de 5º e 6º do noso colexio tivemos unha charla sobre como navegar con seguridade en Internet. Esta charla foi impartida por un informático dentro do programa da Xunta “Navega con rumbo”.

Aprendemos moitas cousas. Algunhas delas son:
            Que non hai que dar información ou datos reais a ningún descoñecido.
            Nunca dar os nosos contrasinais e como os debíamos elexir: con letras e números e outros caracteres, pero á súa vez fácil de recordar; ensinounos algúns trucos para facelo.
            Non rexistrarnos con datos reais nas redes sociais, como Facebook, Tuenti...ou en xogos.
            Que tivésemos coidado coas fotos que subimos e non publicar as de ninguén sen o seu consentimento.
            Non abrir páxinas raras, nin facer caso de anuncios de premios, etc.
            Non descargar programas descoñecidos.
            Nunca ter acendida a webcam para evitar que nos vexan a nós ou a nosa casa.
            Ensinounos a necesidade de ter un antivirus.
            Que ante calquera cousa sospeitosa que avisásemos aos mestres e aos pais.
            Que hai que respectar aos demais e que coidaramos a linguaxe.
            Todo isto pódese resumir en “Non fagas en internet o que non farías na vida real”.

A todos nos pareceu unha charla moi interesante, porque aprendemos moitas cousas  para poder navegar por Internet sen perigo.
   (Martín, Alberto, Noelia, Iris, Xian, Andrea S., Telma e Adrian)