Que rápido pasaron as vacacións!! Acaba de comezar un novo curso e, por fin! sodes os maiores do cole! Si, xa sei que levades agardando moitos anos por ser os nenos e nenas de 6º. Desexo que vos sexa un curso inesquecible, no que ademais de traballar tamén disfrutedes moitísimo. Unha novidade coa que nos atopamos ao chegar en setembro foi que a metade dos compañeiros do ano pasado non están na nosa clase, pola contra, contamos con algúns compañeiros novos. Convídovos a todos a seguir colaborando neste blog, pois a súa existencia só ten sentido se serve de canle das vosas reflexións, actividades, novas...
Aquí contamos todos. Participa
lunes, 9 de junio de 2014
Para An Alfaya
Xa vos mostramos nunha entrada anterior os debuxos que fixemos para a escritora An Alfaya despois da lectura do seu libro Zoa e Azor, e agora mostrámosvos a composición que fixemos para a revista deste ano. Quedou así.
domingo, 8 de junio de 2014
Excursión a Marcelle
O día 29 de xuño os nenos e nenas de 3º ciclo fomos de excursión a Marcelle. Saímos ás 8:30 do colexio e regresamos ás 21h. Chegamos a Marcelle ás 10:30 e dividíronnos en dous grupos, cada un con seu monitor. Recorremos todo o zoo observando os diferentes animais que viven alí, ademais relizamos actividades moi divertidas coma o tiro ao arco. Só paramos para xantar. Ás 16:30 acabamos a visita. Foron seis horas que se nos pasaron moi rápido pois pasámolo moi ben, só tivemos un problema que foi que non parou de chover en todo o tempo, aínda así foi unha xornada inolvidable e todos estamos dispostos a volver repetila. Logo tiñamos pensado recorrer a muralla de Lugo e dar un paseo pola cidade pero os profes decidiron non parar para que non nos mollaramos e tivemos que nos conformar con vela desde o autobús que deu unha volta arredor de toda a muralla. Cando chegamos a Chantada deixou de chover e paramos a merendar nun parque moi bonito. Ao rematar regresamos a Ourense. Xa estamos pensando na excursión do ano que vén.
Aquí vos deixamos algunhas fotos deste bonito día.
jueves, 22 de mayo de 2014
LETRAS GALEGAS
Durante toda a semana estivemos facendo actividades arredor da figura do escritor Xosé María Díaz Castro, homenaxeado este ano 2014 polo Día das Letras Galegas. Buscamos información sobre el e vimos varias páxinas web sobre a súa vida e obra. Unha que nos aportou moita información foi a da Xunta http://www.xunta.es/linguagalega/letras_galegas

Cos datos recollidos puidemos cubrir un cuestionario sobre el.
Outra actividade que fixemos foi confeccionar estes tres murais sobre Díaz Castro en cartón pluma.
Xa o xoves , véspera do día das Letras Galegas, baixamos á biblioteca, xunto cos compañeiros de 6º,
![]() |
Despois escoitamos o poema musicado "Penélope",
tamén interpretado polos alumnos do IES Díaz Castro, e o "Como unha espada" interpretado por 2nafronteira.
Se queredes escoitar estes poemas picade nas seguintes direccións:
https://soundcloud.com/ies-diaz-castrohttps://www.youtube.com/watch?v=NYiZFl44q6Y
https://soundcloud.com/ies-diaz-castrohttps://www.youtube.com/watch?v=NYiZFl44q6Y
miércoles, 21 de mayo de 2014
COMO FACER CABEZUDOS
Os nenos e nenas da clase estivemos durante o 2º trimestre aprendendo a facer cabezudos nas clases de plástica. Dividimos a clase en cinco equipos. Cada grupo elixiu o cabezudo que quería facer. É moi fácil e divertido, aínda que hai que ter algo de paciencia porque hai que agardar a que sequen unhas capas para pegar outras. Elixe o teu modelo e a traballar.
1. Un globo grande.
2. Papel de periódico.
3. Cola de empapelar.
4. Pintura de auga.5. Pinceis.
PASOS A SEGUIR:
1. Inchar un globo grande e atalo ben para que non perda aire.
2. Cortar papeis de periódico coas mans en anacos nin moi grandes nin moi pequenos.

3. Botar cola no globo cun pincel ou cos dedos e colocar os papeis pero coidando de que quede todo ben pegado.
4. Seguir pegando papeis ata cubrilo como mínimo con sete capas ou máis. Cada dúas capas que peguemos hai que agardar a que sequen antes de seguir pegando.
5. Cando xa estea coas capas necesarias elixes o personaxe que desexas facer e engádeslle os rasgos da cabeza.
6. Cando estea todo ben seco comezamos a pintalo con pintura de auga. Se queres podes pórlle tamén verniz por riba.
7. Se queres utilizar o cabezudo pincha o globo e faille sitio para meter a túa cabeza.

Aquí vedes os que fixemos. Xa falta pouco para rematalos.
martes, 20 de mayo de 2014
Charla sobre acoso escolar
O 16 de maio asistimos a unha charla no centro sobre acoso escolar ou bullying. Foi impartida por dous señores do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA). Primeiro explicáronos a que se dedicaba este organismo e logo presentámonos, pero en vez de presentarnos a nós mesmos o que fixemos foi presentar ao compañeiro que tivésemos á nosa dereita dicindo algo positivo del. Cando rematamos un dos que deu a charla contounos unha historia real dun neno que sufriu acoso escolar e chegou a suicidarse.
lunes, 19 de mayo de 2014
Visita á planta potabilizadora de auga de Ourense (ETAP)
O 14 de maio os nenos e nenas de 5º curso fomos visitar as instalacións da planta potabilizadora de auga de Ourense (ETAP. Primeiro asistimos a unha charla na que se nos falou da distribución da auga no planeta, da necesidade de non malgastar a auga e dos procesos necesarios para facer a auga apta para o consumo. Logo fomos ver as instalacións da planta potabilizadora onde tiñan lugar estes procesos e rematamos a visita recorrendo o depósito de auga máis antigo de Ourense. Foi unha visita moi interesante pois ademais de aprender como se potabiliza a auga tamén soubemos que é un proceso custoso e que todos debemos contribuír a non malgastala. (Martín)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
.jpg)



