Por último, o 21 de maio tivemos no centro unha sesión de teatro representada polo grupo "Trécola". A obra titulábase "BIP, BIP, hai alguén por aí?" Esta actividade foi ofertada pola OMIC do Concello de Ourense. A finalidade desta obra é a de contribuir á concienciación de hábitos correctos de consumo nos rapaces da cidade. Á obra asistimos os alumnos e alumnas de 3º,4º,5º e 6º cursos. Foi moi divertida e didáctica.
sábado, 6 de junio de 2015
Xa o 19 de maio tivemos a EXCURSIÓN A MANZANEDA patrocinada pola Región. Foi un día moi especial polo lugar onde se desenvolveu, en plena natureza, polas múltiples e divertidas actividades que realizamos e ademais porque coñecemos e convivimos con nenos doutros colexios da provincia. Pasámolo xenial, malia o frío que fixo ese día.
| |
| No telesquí. Quen dixo frío!! |
| Unha cabana a proba de vendaval |
| |
| Non faltaron os deportes |
| Despois de tanta marcha, había que relaxarse. |
| e repoñer forzas. Se queredes ver máis fotos visitade a galería da páxina Web do colexio. |
O Día do Libro participamos nas actividades de animación á lectura programadas pola biblioteca do centro na sección de "Apadriñamento lector". A nós tocounos lerlles aos compañeiros de 1º curso. Esta era a segunda edición desta actividade que gusta a grandes e pequenos.
3ª semana Mundial das Nacións Unidas sobre seguridade viaria.
Confeccionamos este cartel co lema:
"Por seguridade, usa o casco tamén na cidade".
O 15 de maio celebramos o FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS que este ano consistiu nun recitado de poesías e cantigas. Nós participamos co recitado da poesía "Palabras milenarias" elexida porque nos di que o galego é unha lingua moi antiga que foi conservada polos nosos devanceiros e que debemos seguir transmitindo. Tamén nos di que nesta lingua se pode falar de calquera tema e en calquera situación: das plantas, dos animais, facer poesía e contos, pero tamén falar da ciencia, usala na liturxia, en internet, e, como non, para facerlle as beiras a alguén... Pensamos que non hai mellor homenaxe que se lle poida facer á nosa lingua.
Esta poesía gustoulles moito aos nosos compañeiros e mestres e recibimos moitas felicitacións.
Desde aquí pedímosvos que faledes sempre en galego para que a nosa lingua dure outro milenio máis.
Aquí tedes algunhas estrofas deste bonito poema de Ferro Ruibal:
Temos na boca palabras milenarias
pra falarmos moi en serio de voos supersónicos,
de vídeo dixital, de castiñeiros clónicos,
de electromagnetismo, de leis hipotecarias,
de fonosimbolismo, de veas coronarias.
Temos na boca palabras milenarias,
métellas aos fillos entre bicos, leite e pan,
úsamas no altar nas festas de gardar.
Fálame esta lingua no xornal e nas cadeiras.
Fálama, meu rei, se me vés face-las beiras.
Temos na boca palabras milenarias;
elas fannos pobo e prometen un futuro
pero, como isto non está seguro,
nós cos nosos fillos xurámo-lo convenio
de que a nosa lingua viva outro milenio.
![]() |
| Momento da nosa actuación |
UN TRIMESTRE CHEO DE ACTIVIDADES
Despois da visita á exposición de pintura de Antón Pulido, o 9 de abril, xa comentada con anterioridade, o 22 de abril visitamos as instalacións da Policía Nacional, onde ademais de recorrer as distintas dependencias con que conta o centro, explicáronnos o procedemento que se segue coas persoas que chegan alí detidas.
| Desde o helipuerto disfrutando dunhas fermosas vistas da cidade. |
O 23 deste mesmo mes fomos á Estación Depuradora de Augas Residuais de Ourense (EDAR)
situada en Reza. Ao chegar, recibimos unha charla, acompañada dunha presentación, na que un monitor, que xa coñeciamos da visita á depuradora de auga potable, nos explicou o tratamento que seguen as augas residuais para que cando volvan ao río non causen dano á flora e a fauna. Logo fixemos un recorrido por todas as instalacións, tanto interiores coma ao aire libre, vendo como se leva a cabo todo este proceso.
| Instalacións da EDAR ao fondo |
| Explicación teórica sobre o tratamento das augas residuais. |
| Xa no exterior. |
| |
| Vista das instalacións interiores |
jueves, 16 de abril de 2015
EXPOSICIÓN DE ANTÓN PULIDO
O día 9 de abril os nenos e nenas de 5º e 6º curso fomos ver unha exposición antolóxica do pintor Antón Pulido á Sala de Exposicións Afundación de Ourense.
| Autorretrato, 1970 |
| Estraloques, 2008 |
| Kermesse, 1991 |
| Kermesse, 2013 |
| Pintando a nosa composición |
| Nós traballando con Antón Pulido ao fondo. |
jueves, 9 de abril de 2015
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
SON TODAS AS QUE ESTÁN PERO NON ESTÁN TODAS AS QUE SON.
Co gallo do Día Internacional da Muller estivemos traballando na confección deste mural no que mostramos as achegas dalgunhas das moitas mulleres que destacaron na historia en distintos campos: científico, literario, artístico, deportivo, político, ecolóxico... co obxectivo de visibilizar as mulleres ao longo do tempo.
lunes, 9 de marzo de 2015
CHARLA DE PRIMEIROS AUXILIOS

O día 3 de marzo os alumnos de sexto tivemos unha charla sobre primeiros auxilios no noso centro. Esta charla pareceunos moi interesante e práctica porque aprendemos como actuar se nos atopamos cunha persoa que está ferida, atragantada, en parada cardio-respiratoria, queimada... Explicounos que o primeiro que había que facer era manter a calma e seguir o PAS (protexernos-protexer, alertar, socorrer). Á hora de socorrer indicounos como había que actuar nos diferentes tipos de accidentes ou situacións nas que se podía atopar unha persoa con problemas, mentres non chegaban os equipos sanitarios, e todo isto de maneira práctica, ben valéndose dun neno ou duns bonecos que traía consigo. Así ensinounos como realizar o boca a boca, a masaxe cardio-respiratoria e a manobra de Hemlich, como comprobar se unha persoa respira, como collerlle o pulso, ou como actuar se ten unha hemorraxia. Todos estivemos moi atentos e interesados porque coa nosa actuación podemos salvar unha vida. Noelia e Ángel
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


