jueves, 22 de mayo de 2014

LETRAS GALEGAS

Durante toda a semana estivemos facendo actividades arredor da figura do escritor Xosé María Díaz Castro, homenaxeado este ano 2014 polo Día das Letras Galegas. Buscamos información sobre el  e vimos varias páxinas web sobre a súa vida e obra. Unha que nos aportou moita información foi a da Xunta http://www.xunta.es/linguagalega/letras_galegas   


Cos datos recollidos puidemos cubrir un cuestionario sobre el. 
Outra actividade que fixemos foi confeccionar estes tres murais sobre Díaz Castro  en cartón pluma. 
Xa o xoves , véspera do día das Letras Galegas, baixamos á biblioteca, xunto cos compañeiros de 6º,


e alí visionamos dous documentais sobre a súa vida, ilustrados con imaxes. Un neno de 6º recitou o poema de "Penélope" e nós interpretamos o poema "A noite é necesaria"  baseado  na música que os alumnos do IES Díaz Castro  lle puxeron.

Despois escoitamos o poema musicado "Penélope",
tamén interpretado polos alumnos do IES Díaz Castro, e o "Como unha espada" interpretado por 2nafronteira.
Se queredes escoitar estes poemas picade nas seguintes direccións:
https://soundcloud.com/ies-diaz-castrohttps://www.youtube.com/watch?v=NYiZFl44q6Y
                                                                      (Desde aquí queremos agradecer ao colexio Díaz Castro a difusión destes vídeos que tanto nos gustaron, e a todos os centros que poñen a disposición de todos o  seu material)

miércoles, 21 de mayo de 2014

COMO FACER CABEZUDOS

 Os nenos e nenas da clase estivemos durante o 2º trimestre aprendendo a facer cabezudos nas clases de plástica. Dividimos a clase en cinco equipos. Cada grupo elixiu o cabezudo que quería facer. É moi fácil e divertido, aínda que hai que ter algo de paciencia porque hai que agardar a que sequen unhas capas para pegar outras. Elixe o teu modelo e a traballar.

MATERIAL NECESARIO:
1. Un globo grande.
2. Papel de periódico.
3. Cola de empapelar.
4. Pintura de auga.
5. Pinceis.

PASOS A SEGUIR:
1. Inchar un globo grande e atalo ben para que non perda aire.
2. Cortar papeis de periódico coas mans en anacos nin moi grandes nin moi pequenos.



3. Botar cola no globo cun pincel ou cos dedos e colocar os papeis pero coidando de que quede todo ben pegado.

4. Seguir pegando papeis ata cubrilo como mínimo con sete capas ou máis. Cada dúas capas que peguemos hai que agardar a que sequen antes de seguir pegando.
5. Cando xa estea coas capas necesarias elixes o personaxe que desexas facer e engádeslle os rasgos da cabeza.
6. Cando estea todo ben seco comezamos a pintalo con pintura de auga. Se queres podes pórlle tamén verniz por riba.
7. Se queres utilizar o cabezudo pincha o globo e faille sitio para meter a túa cabeza.






 Aquí vedes os que fixemos. Xa falta pouco para rematalos.

martes, 20 de mayo de 2014

Charla sobre acoso escolar




O 16 de maio asistimos a unha charla no centro sobre acoso escolar ou bullying. Foi impartida por dous señores do Instituto Galego de Seguridade e Saúde  Laboral (ISSGA). Primeiro explicáronos a que se dedicaba este organismo e logo presentámonos, pero en vez de presentarnos a nós mesmos o que fixemos foi presentar ao compañeiro que tivésemos á nosa dereita dicindo algo positivo del.  Cando rematamos un dos que deu a charla contounos unha historia real dun neno que sufriu acoso escolar e chegou a suicidarse.

Logo ensinounos un vídeo  de Perú tamén sobre acoso titulado "Eres único" que logo comentamos e que nos gustou moito. Ao final comentounos os perigos que poden ter as redes sociais, por exemplo cando enviamos fotos a alguén; desde ese momento perdemos o control sobre elas. Gustounos moito esta charla, aínda que tamén foi moi triste. Os señores que viñeron dar a charla eran moi simpáticos e amables.

     Se queres podes ver o vídeo "Eres único"

lunes, 19 de mayo de 2014

Visita á planta potabilizadora de auga de Ourense (ETAP)

O 14 de maio os nenos e nenas de 5º curso fomos visitar as instalacións da planta potabilizadora de auga de Ourense (ETAP. Primeiro asistimos a unha charla na que se nos falou da distribución da auga no planeta, da necesidade de non malgastar a auga e dos procesos necesarios para facer a auga apta para o consumo. Logo fomos ver as instalacións da planta potabilizadora onde tiñan lugar estes procesos e rematamos a visita recorrendo o depósito de auga máis antigo de Ourense. Foi unha visita moi interesante pois ademais de aprender como se potabiliza a auga tamén soubemos que é un proceso custoso e que todos debemos contribuír a non malgastala. (Martín)

martes, 29 de abril de 2014

CON TITO VILANOVA

"Grazas, por facer que o F.C.B. gañase a liga no 2012 e ser tan bo entrenador e xogador do Barcelona". (David) "Estou moi triste pola túa morte, aínda sendo do Madrid". (Ángel) "Demostraches ser moi forte tal como levaches a túa enfermidade. O meu pésame para toda a túa familia".(Andrea S.) Desexo que a túa familia sexa forte nestes momentos tan duros". (Hugo) Espero que a túa familia estea orgullosa polo gran entrenador e boa persoa que fuches. (Noelia) "Grazas, Tito, por ese ano (2012)tan marabilloso que nos deches. Dicho un madridista. Descansa en paz, Tito". (Adrián) "Espero que os teus fillos estean orgullosos de ti por ser tan boa persoa". (Yolanda) "Todos os teus xogadores están moi apenados, queríante moito". (Beatriz) "O Barcelona é o meu equipo favorito e espero que o siga sendo sen ti. Grazas,Tito".(Xian)

lunes, 28 de abril de 2014

domingo, 27 de abril de 2014

Libros: "ZOA E AZOR"

Durante o 2º trimestre estivemos lendo todos xuntos na clase, en voz alta,  o libro da escritora An Alfaya "Zoa e Azor". Ao principio parecíanos algo difícil porque tiña moitas palabras descoñecidas para nós, pero só foi nos primeiros capítulos, despois xa non. A historia foi incrible, xa a profe nos dixera que nos ía gustar moito e así  foi. Cada día liamos só unhas poucas páxinas e sempre quedabamos coas ganas de saber que ía ocorrer, porque tiña moita intriga. Outra cousa que nos gustou del foi que se coñecía moi ben como era cada un dos personaxes do libro, non fisicamente senón o que sentían. Ninguén quería que rematase. A historia é moi triste, como pode haber xente tan mala coma Tomás!!

Aos que lles gusten os cabalos e non sexan ruíns coma Tomás, seguro que lles vaia gustar. LÉDEO
Ao acabar de lelo fixemos moitas actividades arredor del, e unha delas foi facerlle un debuxo para a escritora cunha frase de agradecemento. Podedes velos nesta presentación.