lunes, 3 de octubre de 2011

Excursión a Santa Lucía

Nestas vacacións estiven en Baiona dous fins de semana e en Áncora, unha semana.

Un día moi especial foi una excursión que fixemos desde Áncora a Viana do Castelo para coñecer a igrexa de Santa Lucía

Sacamos un montón de fotos desde abaixo e logo decidimos subir a pé, iso tiña como uns 20 m de altitude, tiñamos que chegar á cima onde se encontraba a parte máis alta da igrexa, chamada cimborrio.

Costounos chegar, o sitio era estreito e miña nai mareábase… Na cima de todo tomamos aire e contemplamos as vistas…impresionantes desde aquela altura, de novo volta para abaixo.

Meu pai e mais eu subimos por outro lado no ascensor, e volvemos sacar máis fotos desde arriba. Aínda que nos cansamos, este foi un dia bonito e distinto nas miñas vacacións en Áncora; cambiamos a praia por unha visita turística a Viana do Castelo.

Martín