O día 15 de xaneiro os nenos de 5º e 6º tivemos unha charla no colexio sobre hixiene dental. Primeiro a monitora ensinounos un vídeo sobre os dentes, como coidalos e previr as caries; logo estivo un anaco ensinándonos a cepillar os dentes: díxonos que había que cepillalos dende a enxiva ata a coroa, por diante e por detrás, sen esquecernos das moas que as hai que cepillar en movementos circulares. Todo isto débese facer tres veces ao día, e que o momento máis importante é á noite. Para isto utilizou un modelo de dentadura moi grande. Tamén nos falou das partes dun dente e os distintos tipos de dentes, do que era a placa dental e como ocasionaba a caries, da necesidade de acudir ao dentista dúas veces ao ano... Ao final puidemos facerlle algunhas preguntas.
miércoles, 29 de enero de 2014
domingo, 19 de enero de 2014
sábado, 18 de enero de 2014
Exposición "A restauración no museo"
O día 18 de decembro de 2013 os nenos e nenas
de 5º e 6º do noso colexio fomos ver a exposición “A restauración no museo” que
estaba instalada na sala de exposicións de Novagalicia Banco na Praza Maior de
Ourense. Alí unha guía mostrounos as distintas esculturas e cadros, todos
relixiosos, e feitos en madeira. Logo explicounos cales son os males ou
enfermidades que poden presentar as esculturas e as pinturas feitas en madeira e a maneira de restauralas.
Para
saber que problemas presenta fanlle á peza unha especie de radiografía. Unha
das cousas que máis importante é na restauración dunha obra é que non se lle
pode engadir nada novo. Das enfermidades que poden presentar estas obras unha moi importante é
a presenza de termitas e a monitora díxonos que para eliminalas inxéctanlles un
insecticida cunha xiringa en cada burato e logo envólvenas nun plástico ben
pechado e extráenlle o aire e así as termitas morren por falta de osíxeno.
Están así envoltas arredor dun mes. Outro problema importante que presentan
estas obras é a debilitación da madeira que deben solucionar para darlle
consistencia aos soporte das obras.
Despois de explicarnos estas e moitas outras cousas sobre a restauración de
obras en madeira fixemos un taller onde por grupos tiñamos que detectar que
problemas presentaba unha obra que nos deu fotografada e cales serían as
medidas que habería que tomar para restaurala, esta peza era o Santiago Peregrino.
Gustounos moito facer de restauradores e puidemos aplicar os coñecementos que
adquirimos ao longo da visita. Esta visita gustounos moito a todos e á nosa
mestra tamén.
martes, 14 de enero de 2014
Película "O APÓSTOLO"
Película ”O APÓSTOLO”
O 30 de novembro de 2013, pola mañá,
os alumnos e alumnas de 5º e 6º do noso colexio fomos ao auditorio
de Ourense ver a película “O Apóstolo”. Alí xuntámonos con
moitos nenos doutros colexios. Esta película foi feita coa técnica
de Stopmotion que consiste en poñer en distintas posicións os
bonecos e sacarlles fotos para que ao final pasándoas rápido
pareza como que son eles os que se moven. Ao final da película
presentouse o director da película, Fernando Cortizo, ao que tivemos
oportunidade de facerlle moitas preguntas. Así soubemos que lle
levara facer a película uns tres anos xa que case todo era
artesanal, que os bonecos estaban feitos de silicona e por dentro
tiñan unha especie de esqueleto que lles permitía facer os
movementos, que tardaron un mes para facer o primeiro boneco e moitas
outras cousas.
Esta película trata sobre un preso que
se escapou do cárcere e diríxese a un pobo, que queda no camino de
Santiago, en busca dunhas xoias que deixou agochadas un compañeiro
seu. Alí sucédenlle cousas moi raras xa que había séculos un
peregrino contaxiara aos seus habitantes a peste negra e desde entón
a Santa Compaña collía a unha persoa do pobo e eles o que facían
era enganar aos peregrinos e substituilos por eles. Esta película
está competindo polo Óscar de mellor película de Animación
2013. (Ángel e Martín)
Valoracións película
“O Apóstolo”:
"A película foi emocionante e
divertida. A min gustoume moito e paseino moi ben. Recoméndollela a
nenos a partir de nove anos". (Noelia)
"A película gustoume moito porque ten
moita intriga e misterio e ademais gústanme as lendas sobre
pantasmas. Recomendaríalla a persoas maiores de oito anos porque
tamén dá medo". (Martín)
"Gustoume onde estaba ambientada a
película, pero non a historia". (Miguel)
"A min encantoume, pareceume moi
fermosa". (Telma)
"A min esta película encantoume, non me
estraño que estea competindo polo Óscar na categoría de mellor
película de animación 2013. Eu calificaríaa cun 10". (Adrián)
"A película , en xeral, gustoume,
porque era de medo e a min gústame este xénero, pero había
algunhas partes que non me gustaron porque non as entendía". (Hugo)
"A min a película non me gustou
porque me daba medo, de todas formas aprendín algo novo, xa que eu
non sabía que existían as películas feitas coa técnica de
stopmotion e tampouco sabía o que era a Santa Compaña. Eu
recomendaría que só a visen as persoas maiores". (Alexia)
jueves, 19 de diciembre de 2013
ENLACES PARA REPASAR OS TEMAS DE MATEMÁTICAS DA 1ª AVALIACIÓN
Insértovos algúns enlaces para que poidades repasar os
diferentes temas de matemáticas que demos neste trimestre. Hai moitas
actividades, facede as que queirades daqueles temas que demos nesta avaliación. Estas actividades son totalmente voluntarias.
Estade atentos por se vos vou indicando máis páxinas
ao longo das vacacións.
http://www.juntadeandalucia.es/averroes/recursos_informaticos/andared02/refuerzo_matematicas/indicemate.htm
http://www.genmagic.net/mates4/jerarquia_opera_c.swf
http://www2.gobiernodecanarias.org/educacion/17/WebC/eltanque/todo_mate/usc/multipli/mult_usc_e_p.html
http://www2.gobiernodecanarias.org/educacion/17/WebC/eltanque/todo_mate/usc/divideci/divi_usc_ed_p.html
http://www2.gobiernodecanarias.org/educacion/17/WebC/eltanque/todo_mate/numdec/numdecim.swf
Se queredes repasar os contidos de todas as asignaturas podedes facelo na seguinte páxina, que xa coñecedes: http://www.ceiploreto.es/
martes, 26 de noviembre de 2013
COMPOSICIÓNS CREATIVAS
TAREFA:
Con estas oito palabras debedes inventar unha historia relacionada co magosto: botas, esquío, magosto, verme, cogomelo, souto, gris e chuvia.
A continuación mostramos algunhas delas:
Para celebrar
o día do
magosto, no pobo
de Untes, os
rapaces máis novos
saíron pola mañá
a recoller castañas
ao souto que
había preto de alí.
Era un
día gris, frío
e de chuvia,
polo que tiveron
que poñer botas
de auga, chuvasqueiro
e levar un
paraugas vello que
tiñan gardado para
eses días.
De camiño
ao souto atoparon
dous esquíos que
subían por un
tronco dun carballo
centenario. Entretivéronse
mirando como os
esquíos comían nas
landras e recollendo
cogomelos.
Cando chegaron
ao souto había
castañas no chan,
pero tiveron que escollelas moi
ben porque algunhas
tiñan vermes.
Encheron todas
as cestas que
levaban e voltaron
moi contentos para
celebrar pola tarde
o magosto. Noelia
Pasou o verán e de novo chega o outono. Os meteorólogos pronostican
chuvia e moito frío. É o 11 de novembro, e coma cada ano, os nenos xuntámonos
para celebrar o magosto.
Entre todos os rapaces decidimos como queriamos celebralo. O día amosábase gris e as temperaturas
refrescaban cada vez máis, así que puxemos as botas de auga e fomos ó
monte buscar un sitio para facer a fogueira. Alí había un souto con moitos castiñeiros, e debaixo dun deles, un esquío
roía unha landra.
Collemos de paso unhas poucas castañas e ata atopamos algùn que outro
cogomelo .
-Miúda cea nos imos dar:
cogomelos, castañas, churrasco!- dixemos nós.
Fixemos a fogueira e nela cociñamos todos os froitos que atopamos no
souto e mais o churrasco. Aínda que algunha tiña o verme, estaban moi boas. O magosto resultou ser todo un éxito. Alberto
Dous rapaces dun pobo
da montaña do Courel, querían celebrar o magosto do 2013. Os rapaces Xoán e
María, de 10 anos, tiñan que conseguir as castañas, así que lle
pediron permiso aos seus pais, puxeron as súas botas de auga, e alá foron ao souto. O ceo estaba moi gris, a paisaxe que viron era outoniza, o terreo moi abrupto e o chan estaba mollado, debían andar con coidado. Había cogomelos, fentos, silvas, algúns
acivros, pero o que máis había era castiñeiros. Os rapaces non se libraron da
chuvia, pero foran precavidos e levaran paraugas. Cando chegaron onda o castiñeiro máis vello,
puxéronse a apañar as castañas, pois eran as máis saborosas. Máis tarde os rapaces viron un esquío, e
acercáronse a el, e o esquío contoulles que un lobo que comía rapaces vivía nese monte, e Xoán e
María colleron moitísimo medo. Máis adiante viron o verme Lucerne, e
preguntoulles se o esquío Marío lles contara unha historia dun lobo, eles
contestáronlle que si e el díxolles que non lle fixesen caso, que era mentira,
os rapaces déronlles as grazas e marcharon do souto.
Cando chegaron á súa casa
e lles contaron o que pasara no souto, non os creron. Ao día seguinte, fixeron o
magosto, foi moi divertido e os nenos pasárono xenial, e Xoán e María acordaron volver
outro día ao souto para ver se conseguían atopar o verme que tan ben se portara
con eles. Ángel
Nunha aldea chamada Porcho vivían dous rapaces, un chamábase Bruno e o outro Xoán. Un
día cando estaban en clase a profesora díxolles que para preparar o magosto ía
facer varios grupos de traballo.
A Bruno e a Xoán tocoulles ir coller cogomelos
e elixiron ir collelos o venres pola tarde, pois dixeran no tempo que na fin de semana ía
chover e facer moito frío. Foron a un souto que estaba preto da súa casa.O ceo
estaba gris aquel día pero polo menos non facía falta pór as botas de auga.
Bruno
cando estaba a punto de coller un cogomelo oíu unha voz.
- Dixeches algo? - Preguntoulle Bruno a Xoán.
- Non – contestou Xoán.
Entón deuse conta de que a voz proviña dun verme que estaba no chan.
Entón deuse conta de que a voz proviña dun verme que estaba no chan.
- Non me roubedes o meu cogomelo, ladróns - dixo o verme.
- Que queres a cambio? – preguntoulle Xoán.
- Quero encontrar o meu amigo o esquío.
- E logo que fixo? Igual anda escondéndose da policía! – exclamou Bruno.
- Non, non. – respondeu o verme.
- Bufff…-suspirou Bruno – entón que é?
- É que o esquío foi a unha festa e aínda non volveu, e disto hai máis de 24
horas.
- Entón que queres que fagamos?- preguntoulle Xoán.
- Quero que o atopedes. Cos vosos pasos de xigante chegaredes antes ca min. - Dixo o verme.
- A onde foi? - Preguntoulle Xoán.
- A Porcho. A festa é no xardín traseiro dunha casa que parece un pazo, moi bonita.
- É ao lado da miña casa! - Exclamou Xoán.
Os dous voltaron correndo. O primeiro que fixo Xoán ao chegar foi parar a música e todos os animais quedaron
quedos.
- Onde está o esquio?- preguntoulles Xoán.
- Entrou na casa . – Dixéronlle os animais.
A dona da casa déralle ao esquío cun pau, porque
lle estaba comendo as noces, e deixárao inconsciente.
- Déme o esquío? - díxolle Xoán á muller.
Os dous
foron correndo e levárono ata o verme.
- Está morto? – preguntoulle o verme a Xoán.
- Non, só está inconsciente.
E o
verme deulles o cogomelo. Ao día seguinte foron á escola e mostráronlle o fungo
á profesora.
- É unha especie moi rara, é mellor gardala en vez de consumila. –
Comentoulles a súa profesora.
Bruno e
Xoán saíron da escola moi ledos de atoparen un fungo tan preciado o cal foi exposto, para que todos o puidesen observar, na
entrada do colexio. Martín
A comenzos de
novembro uns rapaces que vivían nunha aldea de Ourense chamaba Santa Cruz de Arrabaldo querían celebrar o magosto
e como non tiñan castañas decidiron ir ao souto a recollelas.
Como o bosque estaba mollado pola chuvia e o día estaba frío e gris puxeron as botas de auga e chuvasqueiros. Polo camiño atoparon cogomelos e decidiron collelos, porque a nai dun deles
coñecíaos e ao mellor facíalles unha
tortilla con eles. Cando xa viñan para a casa cos cogomelos e as castañas
atoparon un esquío e capturárono .
Ao chegar á casa foron deixar todo na bodega e marcharon durmir. Ó día seguinte cando
foron buscar os cogomelos e as castañas
para asalas non atoparon ningunha, porque o esquío saíra da caixa onde o meteran e rilláraas todas, o único que había no chan era una verme que saíra
dunha castaña furada .
Os rapaces quedaron
pampos e moi amolados, porque aquel ano
non podían celebrar o
magosto. Yolanda
lunes, 25 de noviembre de 2013
REFRÁNS, CANTIGAS E ADIVIÑAS
A continuación mostrámosvos as cantigas, refráns e adiviñas obre a castaña e o magosto que recompilamos os nenos e nenas da clase, preguntando aos nosos avós e avoas e ás persoas maiores da nosa aldea ou barrio. GRAZAS A TODOS ELES.
REFRÁNS
Polo San Martiño mátase o porquiño.
Relámpagos en San Xoán, as castañas vano pagar.
Castañas noces e viño son as delicias do San Martiño.
Polo san Martiño, castañas e viño.
Auga en agosto, nin bo viño nin bo magosto.
A chuvia en agosto, non trae bo mosto, nin bo magosto nin bo entrecosto.
Castañas no Nadal saben ben e pártense mal.
As castañas en agosto queren arder e en setembro beber.
Polo magosto, castañas e mosto.
Polo San Martiño chourizos, castañas e viño.
Por San Martín, castañas mil.
Ao pé do lumiño cómense castañiñas e tómase o viño.
Ao chegar o San Martiño mátase o porquiño e próbase o viño.
A todo porquiño lle chega o San Martiño.
Con castañas e viño novo xa non morre o pobo.
O verán de San Martiño son tres días e un pouquiño.
Despois do San Martiño vén o inverno de camiño.
CANTIGAS
Outono bonito Acabouse
a vendima
folliñas no chan comeza a esfollada,
castañas asadas tempo de comer cos veciños
que ricas están. catro castañas
asadas.
Non chas quero, non chas quero,
castañas do teu magosto
Non chas quero, non chas quero,
que me cheiran a chamosco
A castaña no ourizo Debaixo do castiñeiro
venche sei o que fai: dá gusto parrandear
cando está verde madura, como ten a folla ancha
cando está madura cae.
non deixa entrar o luar.
Cunhas castañas quentes Namoreime da castaña
sen fame estarán as xentes namoreime do ourizo,
cun vasiño de viño namoreime de ti nena
completo o San Martiño. porque tes o pelo rizo.
Namoreime da castaña A castaña no ourizo,
namoreime do ourizo, o ourizo no
castiñeiro;
namoreime de ti nena non te namores
meniña
porque tes o pelo rizo. do fillo do mariñeiro.
Xa estoupan as castañas, As castañas son castañas
xa se oen os nenos berrar, os ourizos son ourizos,
porque a festa do magosto os ollos da túa cara
está a piques de empezar. para min son dous feitizos.
ADIVIÑAS
Alto vivo Son pequena,
mírame a xente e a miña cor é marrón
e se me río cando
chega o outono
quedo sen dentes. métenme no fogón.
Alto estou Pódeseme asar,
cor de ouro teño pódeseme cocer,
e por unha risada e aínda sen facer
perdo o que teño pódeseme comer.
Unha cousa que vive na devesa.
e vaille picar o cu á artesa.
Cando ourizo aberto atopas no chan,
que é doado coller coa man?
Alto me vexo Son branca, non son papel,
no meu capelexo son
verde, non son limón,
ladrón vexo vir son
vermella, non son sangue,
e co meu carapucho son
negra non son carbón.
non podo fuxir. Quen
son?
No alto estou e se me río alá me vou.
Alto me vexo Teño
moitos fillos,
no meu capelexo cheos de ourizos
por unha risada un tronco moi groso
quedei sen nada. e teño moitos picos.
Podes comerme crúa, Alto, alto cabaleiro
asada e tamén cocida, dálle a risa
con ovos e con leite e perde o diñeiro.
secas ou fervidas.
Son unha festa
esperada Hai anos saquei a fame
que á xente sei
divertir de moitos meniños
nacín o 11 de
novembro tamén farto a barriga
e non sei quen
son, sábelo ti? de numerosos porquiños.
Arredor dunhas fogueiras
con gañas de pasalo ben,
brincaremos e cantaremos
ata o ano que vén.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

